Novas

Máis novas

O Concello de Melide adhírese ao Programa “Camiños de Coñecemento e Experiencia”

18/03/2021. Trátase dun programa de formación e aprendizaxe para persoas maiores de 50 anos.

MELIDE, 18 DE MARZO DE 2021-  O Concello de Melide en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela impulsa unha nova iniciativa de participación a través do programa Universitario de Maiores IV CICLO, dirixido aos maiores de 50 anos do noso Concello.

O proxecto preséntase baixo o título “Camiños de Coñecemento e Experiencia”. Trátase dun espazo de encontro e formación entre a universidade e o concello de Melide, a través do cal as persoas maiores de 50 anos que desexen participar desfrutarán da aprendizaxe en distintas área de coñecemento, como son o ámbito da historia, a música e o medio ambiente.

A formación desenvolverase en sesións de noventa minutos no Edificio Multiusos de Melide, en horario de tarde de 16:30 a 18:00h, impartíndose sesión expositivas, interactivas así como sesión practicas que se concretan en visitas e concertos.

O proxecto celebrarase en Melide os días 7,9, 12,13,14 e 15 do próximo  mes de abril.

Achegar ao alumnado ás fontes fundamentais que o historiador emprega á hora de investigar e “construir” a Historia, a importancia do mundo artístico musical e identificar as repercusións do cambio climático son algunhas das temáticas a tratar.

As persoas interesadas poden inscribirse no Concello de Melide, en horario de 09:00h a 14:00 ata o vindeiro 31 de marzo.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp