Novas

Máis novas

O Concello de Melide lanza unha campaña para promover a súa repostería tradicional.

15/03/2021.  O Concello de Melide, a través da Concellería de Promoción Económica, presentou hoxe unha campaña para poñer en valor, promover e dar a coñecer os doces máis típicos da vila: melindres, amendoados e ricos.

MELIDE 15 de marzo de 2021.- Por mor da situación sanitaria, este ano tampouco poderemos celebrar a Festa do Melindre e da Respostaría tradicional tal como a coñecemos. Unha festa de interese turístico galego que se celebra o segundo domingo de maio e na que os reposteiros/as da vila amosan ao público os seus produtos de máxima calidade e sabor.

A campaña presentada na mañá de hoxe ten por obxecto dar a coñecer os melindres, ricos e amendoados alén das nosas fronteiras, poñendo a Melide no mapa, convertindo á repostaría tradicional nun valor engadido para o turismo

O noso concello, no que se unen o Camiño Primitivo e Francés, dous dos máis transitados polos peregrinos goza dunha repostería tradicional de calidade, que debemos coidar e promover, dando continuidade ao consumo de melindres, ricos e amendoados durante todo o ano.

O Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas, sinalou: “Este proxecto, a pesares de nacer da necesidade de avanzar e adaptarse á nova normalidade que trouxo consigo a COVID – 19, é unha campaña viva, en continuo movemento e que seguirá a medrar para que os melindres, ricos e amendoados cheguen a todos os recunchos do mundo e a xente sexa capaz de situar Melide no mapa. Contamos cuns doces tradicionais de gran calidade e con moito potencial para que sexan sinónimo e símbolo para identificar a nosa vila.”




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp