Novas

Máis novas

O Concello de Melide reitéralle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a necesidade de reparar os danos acaecidos na obra do Cantón de San Roque.

12/03/2021. Os danos apareceron aos poucos meses de rematar a obra e pese ás reclamacións realizadas polo Concello non se realizou reparación algunha.

MELIDE 12 de marzo de 2021.- O Concello de Melide reiteroulle o pasado 10 de marzo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, a necesidade de reparar os danos existentes na obra realizada no Cantón de San Roque, lamentando que pese as múltiples solicitudes realizadas desde fai ano e medio, estando en período de garantía, todavía non se realizou reparación algunha por parte do contratista.

Despredementos de varias suxeicións dos bancos de madeira e levantado e movemento de lousas de pedra son algúns das anomalías existentes que supoñen un perigo no uso da instalación.

Visto o prazo de tempo transcorrido e que non se procedeu á realizar ningunha corrección, o Concello de Melide ten a intención de arranxar os danos por vía de urxencia para evitar danos persoais e responsabilidades, reclamando posteriormente o importe dos traballos realizados.   




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp