- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide repartirá hoxe os medios materiais aos inscritos no programa municipal de compostaxe.
12/03/2021. O acto de entraga terá lugar hoxe ás 17:00h no Centro SocioCultural Mingos de Pita.
Os participantes inscritos no programa municipal de compostaxe recibirán, de forma totalmente gratuíta, os medios materiais precisos para a elaboración de compost. Repartiranse composteiros de 400l de capacidade, destinados a vivendas unifamiliares, así como tamén composteiros de 900l de capacidade, destinados a grandes xeradores de biorresiduos pertencentes ao noso Concello.
Durante o acto de entrega, que se celebrará no Centro Sociocultural Mingos de Pita ás 17:00h, ademais de recibir os medios materiais precisos para a elaboración de compost, monitores ambientais especialistas na materia ofrecerán as pautas para desenvolver con éxito esta práctica tradicional.
O proxecto, cofinanciado pola Consellería de Medio Ambiente a través dunha subvención FEDER 2014-2020, procurará capacitar á poboación para a transformación de materia orgánica en compost, mellorar a eficacia da recollida selectiva mediante a separación previa da materia orgánica, reducir o volume de residuos que debe recoller o ente municipal, concienciar á poboación sobre o papel que xoga a compostaxe na xestión dos residuos orgánicos, e aproveitar esta actuación como punto de partida para o desenvolvemento doutros programas de educación ambiental.