- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide reitera a legalidade e a transparencia da convocatoria de dúas prazas de administrativos.
26/02/2021. A convocatoria de prazas de persoal laboral temporal atende a necesidades urxentes e inaprazables.
MELIDE 26 de febreiro de 2021.- O obxectivo do equipo de goberno do Concello de Melide é claro: prestar a cidadanía un nivel axeitado de servizos públicos municipais.
En xuño do ano 2019, a situación administrativa coa que se atopou o actual equipo de goberno era desoladora, aseguran os actuáis mandatarios, con moreas e moreas de expedientes acumulados pendentes de resolver.
Son reiterados os informes emitidos pola secretaría e intervención municipais nos que se pon de manifesto a inxente carga de traballo en varios dos departamentos municipais, carecendo dos medios persoais suficientes para facer fronte coa dilixencia debida á tramitación dos respectivos expedientes administrativos.
Para arranxar esta situación, o Concello de Melide marcouse como obxectivo a contratación de varias prazas para os departamentos de secretaría, urbanismo e intervención, valéndose das ferramentas legais dispoñibles ao seu alcance, que se atopan reguladas na normativa laboral e de emprego público actual, axustándose ao procedemento que dende o exercicio 2006 se vén aplicando por todos os dirixentes de diferentes cores políticas que gobernaron e gobernan esta entidade local.
´”Hai que deixar atrás unha administración ancorada no pasado, dando paso a unha administración áxil e operativa, que se rexa polos principios de eficacia e eficencia redundando nunha mellora dos múltiples servizos públicos que presta na actualidade o Concello de Melide, sentencias os actuáis mandatarios locais”.