- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide abrirá o mercado dominical de téxtil, calzado e ferraxaría, uníndose así ao de produtos agrarios.
24/02/2021. O Concello de Melide vén de dar luz verde ao mercado dominical dos postos de téxtil, calzado e ferraxería, uníndose así ao de produtos agrarios.
MELIDE 24 de febreiro de 2021.- Melide recuperará este próximo domingo o seu mercado dominical de téxtil, calzado e ferraxería.
O mercado agroalimentario continuará situándose na súa ubicación habitual, a praza das Coles e na rúa Alhóndiga, mantendo sempre as distancias entre os postos e velando polo cumprimento estrito das normas sanitarias establecidas.
O mesmo acontecerá co mercado de textil, calzado e ferraxaría que seguirá celebrándose na rúa Galicia e na praza das Universidades co obxectivo principal de garantir as distancias sociais e facilitar a mobilidade.
Levarase a cabo un dispositivo especial de vixianza para velar pola seguridade de veciños/as e visitantes.