Novas

Máis novas

O Concello vese na obriga de devolver 154.131,18€ a Agader ao non lograr executar os traballos antes de febreiro do ano 2018.

19/02/2021. Os fondos procedentes dun convenio asinado entre o Concello e Agader no ano 2017, para a rehabilitación da cuberta e melloras no recinto feiral de gando, non foron executados no prazo esixido.

MELIDE 19 de febreiro de 2021.- O Concello de Melide acordou na Xunta de Goberno Local celebrada no día de onte a devolución de 154.131,18€ logo de que Axencia Galega de Desenvolvemento Rural solicitase o reintegro da subvención ao non presentar o Concello, antes do 15 de febreiro do 2018, a documentación xustificativa esixida.

O convenio asinado o 22 de setembro de 2017 entre Agader e o Concello de Melide, regulaba as condicións para a concesión directa dunha subvención por importe de 192.663,98€ para a execución de melloras e a rehabilitación da cuberta da nave do recinto feiral de gando. Asemesmo, Agader realizou un pagamento anticipado de 154.131,18€  trala solicitude recibida do Concello en decembro de 2017.

Debido ao requerimiento recibido hai uns días, o Concello lamenta ter que proceder a devolución da subvención recibida, consecuencia da mala xestión e do incumprimento de prazos, ao non terse xustificado o proxecto subvencionado antes do 15 de febreiro do ano 2018.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp