Novas

Máis novas

Melide reabre o mercado de produtos agroalimentarios

11/02/2021. A decisión vén motivada por un descenso significativo no número de casos activos da Covid-19.

MELIDE 11 de febreiro de 2021.- Melide volverá a celebrar este domingo o mercado de venda de produtos agroalimentarios, despois de acadar un descenso significativo, e continuo ao longo dos días, no número de casos activos da Covid-19.

O mercado celebrarase na súa ubicación habitual, na Praza das Coles e na Rúa Alhóndiga e contará cun dispositivo especial de seguridade para que se poida celebrar baixo o estrito cumprimento das normas sanitarias vixentes.

O Concello rógalle aos veciños e veciñas que cumpran as normas básicas sanitarias, distanciamento social, hixene de mans e uso de máscara, para poder continuar coa tendencia á baixa, podendo así consolidar a celebración do mercado de produtos agroalimentarios.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp