Novas

Máis novas

A Policia Local de Melide adhírese á Plataforma de Xestión Policial XesPol.

08/02/2021. A adhesión supón unha mellora na coordinación entre os planteis da Policía Local de máis de 30 concellos.

MELIDE 8 de febreiro de 2021.- A Policía Local de Melide pasa a formar parte da Plataforma de Xestión Policial XesPol, unha ferramenta de coordinación entre planteis da Policía Local de varios concellos.

A plataforma, deseñada por dous policías locais do Concello de Carballo, permite unificar criterios e protocolos de actuación, coa pretensión de que todas as policías locais que participen compartan unha base de datos que se extenda por toda Galicia.

A adhesión, motivada polos bos resultados que están a lograr outros concellos, permitiralle aos axentes do noso Concello axilizar e dar maior eficacia a súa labor, á hora de enfrontarse a un atestado, a un informe ou mesmo a unha xestión xudicial.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp