- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide destina 808.000€ a gasto social e á realización de obras.
03/02/2021. As propostas do goberno foron aprobadas por unanimidade en sesión plenaria.
A corporación municipal aprobou por unanimidade, na sesión plenaria celebrada na tarde de hoxe, as propostas para a participación de Melide no Plan único da Deputación de A Coruña (POS+2021 e POS+Adicional 2021).
As obras aprobadas, cun investimento total de 620.000€, supoñen unha mellora nos servizos básicos. Entre elas atópanse a mellora da accesibilidade peonil na Circunvalación da Feira, a adecuación e posta en valor da Rúa Ovedo, a construcción de senda peonil en Sabián e a mellora do acceso ás instalación do campo munipal de fútbol municipal.
Por outro lado, o fondo social do Plan Único deste ano permitiralle ao Concello de Melide destinar 194.033,69€ a gastos sociais extraordinarios como poden ser programas de conciliación , a garantir ingresos suficientes ás persoas en soidade ou a familias en situación de risco de exclusión social.