Novas

Máis novas

Trala solicitude realizada polo Concello de Melide, a Área Sanitaria de Santiago e Barbanza realizará un cribado poboacional no noso Concello.

02/02/2021. O cribado realizarase no Centro de Saúde de Melide os días 5 e 6 de febreiro.

O pasado 26 de xaneiro, o Concello de Melide solicitoulle ao Sergas a realización dun cribado poboacional en Melide, debido ao incremento dos casos positivos nas últimas semanas e ao consideralo moi beneficioso para detectar posibles casos asintomáticos, podendo así determinar a incidencia real da pandemia no noso concello.

Segundo a información recibida na tarde de hoxe da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, o cribado, que terá lugar no Centro de Saúde de Melide, iniciarase na tarde do venres, día 5, e finalizará a última hora do sábado 6 de febreiro.

Segúndo indican, “realizarase unha mostra aleatoria a 1700 cidadáns de entre 31 e 50 anos que serán citados a través de SMS”.

Desde o Concello de Melide queremos facer un chamamento a participación, ao ser altamente beneficiosa, para detectar posibles casos  asintomáticos e ser coñecedores da incidencia real existente na actualidade.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp