Novas

Máis novas

O Concello de Melide aproba en Xunta de Goberno Local a concesión provisional das axudas PEL-REACTIVA

26/01/2021. O prazo de alegacións ou de desistimento iniciase o 27 de xaneiro e remata o 9 de febreiro.

MELIDE 26 de xaneiro de 2021-  O Concello de Melide aprobou na Xunta de Goberno local celebrada na mañá de onte a concesión provisional das axudas PEL-REACTIVA, adicadas a impulsar a actividade económica e o emprego no noso Concello, así como para contribuir a paliar, na medida do posible, os danos derivados da Covid-19 nas microempresas e autónomos e autónomas do noso Concello. 

As alegacións ou o desistimento das axudas deberanse realizar a través da sede electrónica,  entre o 27 de xaneiro e o 9 de febreiro, ambos inclusive. 

A listaxe provisional atópase no Taboleiro de anuncios da Sede Electrónica ou podes descargala na seguinte ligazón: http://concellodemelide.org/control/pdfs/1611653431.pdf

 

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp