- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Segunda fase das obras de saneamento na parroquia de Santa María.
22/01/2021. O proxecto entrará en fase de licitación nas vindeiras semanas.
Melide, 22 de xaneiro de 2021.- O alcalde Jose Manuel Pérez e o tenente de alcalde Jose Antonio Prado acompañaron a Gonzalo Trenor, delegado da Xunta de Galicia na Coruña, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade Ethel Vázquez, na súa visita a Melide na que anunciaron o remate do proxecto da 2º fase do saneamento na parroquia de Santa María.
Os traballos, cofinanciados polo Concello de Melide e a Xunta de Galicia supoñen un investimento de 131.000€.
O equipo de goberno aproveitou a visita da Conselleira e do Delegado territorial para avanzar en cuestións primordiais para a nosa vila, como son o trasvase das augas residuais do polígono industrial a EDAR e a recuperación da zona de baño da praia fluvial de Furelos.