- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O equipo de goberno do Concello de Melide prioriza a saúde das persoas fronte ao oportunismo do Partido Popular.
19/01/2021. O Concello de Melide celebrou na mañá de hoxe un Pleno extraordinario no que informou sobre a situación actual do mercado e as razóns polas cales desde o pasado mes de xuño a feira de téxtil, complementos e outros produtos mudou de ubicación.
MELIDE 19 de xaneiro 2021.- O Concello de Melide celebrou un Pleno Extraordinario para dar conta das razóns polas cales o mercado tradicional de téxtil, calzado, complementos e outros produtos ten desde o pasado mes de xuño unha nova ubicación.
O equipo de goberno deixou claro no Pleno que “os únicos motivos que levan o traslado do mercado do casco antigo á zona do edificio Multiusos son os sanitarios”. Así responde ás críticas da oposición por este cambio de emprazamento, argumentando que “a normativa establecida pola Xunta de Galicia en materia de sanidade deixábanos un escenario con tres opcións: pechar o mercado, reducir os postos ou cambialo de sitio para cumprir coa regulamentación existente”.
Engaden desde o Concello de Melide que “atopámonos nunha situación de risco extremo de contaxio na vila, con 75 casos activos na actualidade, polo cal o equipo de goberno está aplicando medidas de sentido común e responsabilidade mentras que outros adícanse de formar malintencionada a erosionar o goberno empregando unha cuestión de saúde pública, deixando claro coa solicitude deste pleno extraordinario, a utilización partidista dunha situación grave”. O equipo de goberno confirmou no Pleno celebrado que “a oposición non rexistrou nin unha sola iniciativa para debater nos plenos celebrados desde xuño ata o día de hoxe sobre a ubicación do mercado”.
CREACIÓN DUN GRUPO DE TRABALLO ENTRE COMERCIANTES E GOBERNO
O Concello de Melide mantivo unha xuntanza cun sector dos comerciantes de Melide para darlle conta das razóns polas cales o mercado dos domingos mudou o seu lugar habitual. Na reunión trasladouselle aos asistentes que este cambio é consecuencia da situación sanitaria creada pola Covid-19 e as normas establecidas polas autoridades e mentres estes dous factores non o permitan non se modificará a ubicación.
A creación dun grupo de traballo entre os comerciantes e o goberno municipal foi outra das conclusións ao remate da xuntanza. Nel poderán participarpara analizar a situación e valorar as posibilidades futuras de reorganización do mercado dominical.