- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O centro urbano de Melide conta cun novo aparcadoiro público e gratuíto.
15/01/2021. O novo aparcadoiro está situado en pleno casco urbano e oferta un amplo espazo para estacionamento de vehículos, para beneficio da actividade comercial e da ordenación viaria.
MELIDE 15 de xaneiro 2021.- O Concello de Melide vén de rematar de acondicionar un novo aparcadoiro, público e gratuíto situado entre a Avenida da Habana e a Rúa Bispo Varela Fondevila e Verea que terá capacidade para estacionar ata 132 vehículos.
O Concello de Melide dispón deste aparcadoiro público grazas ao acordo de cesión gratuíta que se acadou cos propietarios dos terreos.
Con esta acción, a administración local pretende cumprir tres obxectivos, por unha banda incentivar a actividade comercial ao ter a posibilidade de estacionar en pleno centro de Melide, mellorar a ordenación viaria, e acondicionar un solar que non se atopaba en bo estado de salubridade.
Esta actuación é a primeira dunha serie de medidas que vai adoptar o goberno local para optimizar e acadar unha mellora significativa na ordenación do tráfico.