Novas

Máis novas

O Concello de Melide automatiza a xestión das pistas de pádel do Pazo de Congresos e Exposicións

04/01/2021. O Concello de Melide, a través da súa Concellaría de Deportes está a realizar obras para automatizar a xestión das pistas de pádel do Pazo de congresos o que permitirá incrementar o seu horario de uso así como aumentar a comodidade de usuarios e usuarias.

MELIDE 4 de xaneiro de 2021.- As dúas pistas de pádel situadas no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide contará cun sistema automatizado de xestión e reserva que vai permitir á veciñanza poder utilizalas durante máis tempo e de maneira máis cómoda.

Tal e como explican dende a Concellaría de Deportes do Concello de Melide a cal dirixe José A. Prado “o que fixemos é ampliar en altura e en superficie o peche destas pistas para ter un acceso independente ao propio pazo de congresos o que vai a facilitar e modernizar a práctica deportiva na instalación”.

Así, as persoas usuarias destas instalación poderán realizar as súas reservas e o pago mediante unha plataforma on line, a través da cal se lle dará acceso ás pistas mediante un código para abrir as portas, mentras que o sistema de iluminación tamén funcionara de forma automatizada.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp