Novas

Máis novas

O Concello de Melide licita máis de 300.000 euros para acondicionar pistas no rural de Melide e a creación dunha senda en Folicheiro.

11/12/2020. As actuacións financiaranse con cargo ao Plan único da Deputación de A Coruña e permitirán mellorar a seguridade viaria en diversos puntos moi transitados e que actualmente se atopan en moi mal estado.

Melide, 11 de decembro de 2020.- O Concello de Melide investirá máis de 300.000 euros na mellora da seguridade viaria coa creación dunha senda peonil en Folicheiro e a pavimentación e acondicionamento de pistas na zona rural do termo municipal. Os traballos atópanse na actualidade en fase de licitación e contarán cun investimento de 313.619,67 euros, con cargo ao Plan Único da Deputación de A Coruña.

Os traballos permitirán mellorar a seguridade viaria na zona rural, a través do acondicionamento de pistas que se atopaban en mal estado debido ao tránsito de maquinaria e vehículos pesados, á densidade do tráfico e as condicións metereolóxicas.

Levaranse a cabo accións de limpeza de cunetas, barrido e preparación de superficie, pavimentación e reposicións de sinalizacións nas pistas de A Ponte da Pedra, a Xubial, acceso ao Ribeiro, ramal a pista Martagona, a Penacova, acceso a Igrexa de Folladela, acceso ao Casal e acceso a Marcoraos. Estas actuacións contarán cun orzamento de 214.298,32 euros.

Por outra banda, investiranse 99.321,35 euros na creación dunha senda peonil en Folicheiro a ambas marxes da estrada co obxectivo de mellorar a seguridade dos peóns que transitan por ela, ademais da mellora da vía existentes.  Tamén se acondiconará unha zona de aparcamento con zahorra artificial e pedra, e crearase unha rede de recollida de pluviais.

 

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp