- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A Xunta Local de Seguridade de Melide acorda a incorporación da Policía Local ao sistema Vioxen de seguimento de vítimas da violencia machista.
02/12/2020. - O Concello ratificou no día de hoxe a súa intención de adherirse ao protocolo que establece o Ministerio de Interior para participar no sistema Vioxen.
MELIDE 2 de decembro 2020.- O Concello de Melide acolleu esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade, na que se acordou a incorporación do corpo da Policía Local ao sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero.
A xuntanza estivo presidida pola subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, e o alcalde de Melide, José Manuel Pérez Penas.
Na reunión, na que tamén estiveron representantes da Garda Civil, Policía Autonómica, Policía Local e Protección Civil, analizouse o protocolo establecido entre o Goberno de España e a Federación Española de Municipios e Provincias para a protección de vítimas de violencia doméstica e de xénero.
Por outra parte, os distintos representantes das Forzas de Seguridade do Estado informaron da evolución estatística relativa á seguridade cidadá do municipio, na que se constatou que os índices de criminalidade descenderon no que vai de ano de maneira considerable.
Tanto o alcalde, subdelegada do Goberno como as forzas de seguridade representandas na xuntanza celebrada no día de hoxe mostraron a súa satisfacción pola boa coordinación existente na actualidade, confiando poder seguir na mesma liña de cooperación.