Novas

Máis novas

O Concello de Melide aproba os orzamentos para o ano 2021 que ascenden a 7 millóns de euros

28/11/2020. O Concello de Melide, celebrou na tarde de onte unha sesión plenaria na que se aprobaron os orzamentos do 2021 que ascenden a 7 millóns de euros.

Melide, 28 de abril de 2020.- O Concello de Melide aprobou en sesión plenaria un orzamento equilibrado en gastos e ingresos en 7 millóns de euros.

Os orzamentos teñen por obxectivo acadar unha modernización administrativa do Concello, polo que se preve que o capítulo de gastos de persoal experimente un aumento do 17,07%, co obxectivo de fortalecer con persoal aos distintos departamentos municipais, podendo así modernizar a administración co obxectivo de axilizar os procedementos administrativos. As áreas que se verán reforzadas serán as de Urbanismo, Secretaría, Intervención e Policia Local, e crearase o posto de técnico de Medio Ambiente.

No capítulo de investimentos,orzamentado un 50% mais con fondos propios destaca a especial atención que se lle adicará aos servizos sociais, debido a situación delicada que estamos a atravesar, polo que se destinarán 1.225.500 euros.

En canto á promoción económica para paliar os danos no comercio e na hostalería local causados pola Covid-19, destinaranse 153.000€.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp