Novas

Máis novas

O Concello de Melide e a Fundación Manuel María de Estudos Galegos asinaron un acordo de colaboración para a difusión da súa obra.

27/11/2020. A colaboración entre ambas institucións achegará varios certames culturais a Melide.

MELIDE 27 de novembro 2020.- O Concello de Melide e a Fundación Manuel María de Estudos Galegos asinaron un acordo de colaboración para a difusión da obra de Manuel María.

A Fundación Manuel María de Estudos Galegos ten por obxecto a conservación e a difusión da obra de Manuel María e promoción  da cultura galega en xeral.

A figura de Manuel María, natural de Outeiro de Rei foi fundamental para a restauración da lingua e literatura galegas no ano da posguerra. O seu corpus literario comprende máis de cen obras de poesía, narrativa e teatro, sendo recoñecida con numerosos premios.

Foi membro da Real Academía Galega, adicándolle no pasado ano 2016 o Día das Letras Galegas.

A colaboración entre ambas institucións achegará a Melide a representación teatral da compañía que resulte gañadora do “Certame Manuel María de Proxectos Teatrais”, así como outras actividades de promoción da cultura galega.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp