Novas

Máis novas

Abanca, Afundación e o Concello de Melide presentan a exposición «Nós tamén fomos emigrantes»

26/11/2020. Esta mostra enmárcase no proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre o Concello de Melide, ABANCA e Afundación

O Concello de Melide, Abanca e Afundación presentan a exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX». O acto de apertura tivo lugar esta mañá na Sala de Exposicións do Centro Sociocultural Mingos de Pita, e contou coa asistencia de José Manuel Pérez Penas, alcalde; Maika Basalo Santín, concelleira de Cultura; José Manuel Vilariño, responsable Banca Institucional A Coruña ABANCA; Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación; Alberto Varela Reiriz, director de Zona de ABANCA e Lois Fernández, director da oficina de ABANCA en Melide. A exposición permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 18 de decembro, en horario de luns a venres de 17.00 a 20.30 h.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo.

A exposición consiste nunha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é o de tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. É a historia de «millóns de españois que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir», en palabras de Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE entre 1996 e 2004.

 

 

 

 

 

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp