Novas

Máis novas

O Concello de Melide lanza un proxecto para o fomento da compostaxe doméstica e comunitaria.

19/11/2020. O proxecto conta co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europe de Desemvolvemento Rexional (FEDER 2014-2020).

MELIDE 20 de Novembro 2020.- O Concello de Melide, co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER 2014-2020, lanza un proxecto para o fomento da compostaxe doméstica e comunitaria.


Articulado para a participación de 100 vivendas particulares e 20 participantes colectivos, o proxecto permitirá aos interesados recibir de forma gratuíta os correspondentes medios materiais para a elaboración de compost, ao mesmo tempo que recibirán formación e asesoramento para adquirir os coñecementos precisos para a fabricación de deste abono a partir dos residuos orgánicos.

Os veciños interesados poderán inscribirse e recibir información sobre a campaña nos postos informativos que se colocarán en diferentes enclaves do Concello de Melide, nas dependencias municipais ou contactando no teléfono 981505003.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp