- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis dun centenar de persoas benefícianse da actividade de ximansia de mantemento nas parroquias de Melide
06/11/2017. O Concello de Melide pon en marcha esta actividade como cada ano para ofrecer alternativas deportivas tamén no rural
MELIDE 6 de novembro de 2017.- O Concello de Melide pon en marcha dende o día de hoxe a actividade de ximansia de mantemento nas parroquias do rural. Trátase dunha iniciativa que parte da concellería de Igualdade e Benestar e da concellería de Deporte que se unen para dar alternativas saudables nas diferentes parroquias onde os seus veciños moitas veces por falta de transporte ou falta de tempo para desprazarse á vila, non poden gozar das actividades das Escolas Deportivas e Culturais Municipais. Na actualidade, hai oito grupos que contan con 15 alumnos, polo que máis dun centenar de persoas participan nesta actividade.
As sesións de ximnasia de mantemento constan dunha hora semanal e na maior parte dos casos o lugar onde se imparte é nos seus centros sociais. A actividade é gratuita para os veciños e non é necesaria inscrición, tan só achegarse ao lugar de impartición para poder gozar da sesión de ximnasia de mantemento. Esta iniciativa que se pon en marcha no mes de novembro terá continuidade ata o mes de maio.
Trátase dunha actividade que goza de moito éxito por parte da veciñanza das parroquias e o Concello de Melide vai abrindo novos grupos dependendo das demandas dos veciños.
HORARIOS E LUGARES
A ximnasia de mantemento lévase a cabo no centro social de Furelos ás 10.30h os lunes, os martes ás 21.30h é o turno para os veciños de Grobas que se xuntan na Casa Rectoral para practicar deporte. Os mércores é a quenda dos veciños de Folladela ás 10.30h no seu centro social. Os xoves ás 20.30h teñen cita coa ximansia de mantemento os veciños e veciñas de Maceda. Os venres é o día con maior actividade, xa que ás 9.15h impártese a clase en Campos, ás 10.30h en San Martiño das Varelas, ás 20h en San Salvador e ás 21.30h no Meire, todas as estas sesións teñen lugar nos seus respetivos centros sociais.