Novas

Máis novas

Melide celebrará o “500 aniversario da Asamblea de Melide”

30/10/2020. Representantes do goberno local, do Museo da Terra de Melide e do Consello da Cultura Galega reuníronse no día de onte para dar forma a un programa de actos que conmemore o 500 aniversario da Asamblea de Melide, que tivo lugar o 4 de decembro do ano 1520.

MELIDE 29 de outubro de 2020.- Membros do goberno local de Melide mantiveron no día de onte una reunión de traballo con representantes do Museo da Terra de Melide e o director de culturagalega.org e membro do Consello da Cultura Galega, Manuel Gago para marcar as claves dun acto especial que organizará o Concello de Melide coa colaboración de ambas entidades para conmemorar o “500 aniversario da Asamblea de Melide” que tivo lugar o 4 de decembro do ano 1520 e que neste 2020 cumpre 500 anos.

Nesa data, Melide albergou a reunión de “cabaleiros e prelados do Reino de Galicia” onde se formalizaron una serie de peticións en nome de Galicia,  para presentar ao emperador Carlos V (I de España). Entre as propostas realizadas destacaron a de conseguir unha Casa de Contratación para A Coruña e acadar o voto en cortes para Galicia que naquel momento estaba representada por Zamora.  Esta xuntanza conseguiu reunir en Melide distintas forzas sociais de Galicia, convertendo a vila nun lugar onde se decidiron fundamentais e trascendentais decisión políticas e sociais.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp