Novas

Máis novas

O Concello de Melide aproba as bases reguladoras do Programa PEL-REACTIVA para apoiar os autónomos e microempresas.

29/10/2020. O Concello de Melide aprobou na Xunta de Goberno Local celebrada na mañá de hoxe as bases reguladoras do programa PEL-REACTIVA para impulsar a actividade de autónomos e microempresas.

MELIDE 29 de outubro de 2020.-  O Concello de Melide aprobou na Xunta de Goberno Local celebrada na mañá de hoxe as bases reguladoras do programa PEL-REACTIVA  para impulsar a actividade de autónomos e microempresas.

A finalidade destas axudas é impulsar a actividade económica e o emprego no noso Concello así como contribuir a paliar, na medida do posible, os danos derivados da pandemia da Covid-19, nas microempresas e autónomos e autónomas do noso Concello.

A achega total destinada ás persoas autónomas e microempresas do noso concello ascende a 219.609,36€ dos cales o Concello de Melide aporta 43.921,87€, o 20% do total de fondos.

As bases, xunto co modelo de solicitude normalizado para a obtención das axudas estarán dispoñibles nos vindeiros días, unha vez publicadas no Boletín Oficial da Provincia.

As solicitudes poderanse realizar a través da Sede Electrónica do Concello de Melide.

O prazo iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia finalizando o prazo de presentación ás 14:00 horas do vindeiro 25 de novembro.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp