- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide apoia ao tecido asociativo da vila coa concesión de subvencións nominativas por valor de 69.000€
09/10/2020. O Concello de Melide considera prioritario o apoio ás asociacións de carácter deportivo, social e cultural para que a vila continúe co dinamismo de actividades que a caracteriza.
MELIDE 9 de outubro de 2020 - O alcalde de Melide, José Manuel Pérez,vén de asinar cos representantes das asociacións os convenios de colaboración a través dos cales o tecido asociativo de carácter deportivo, cultural e social da vila van a percibir subvencións nominativas por valor de 69.000€.
Nesta liña, o rexidor destacou que con estas axudas o Concello busca apoiar o importante labor que desenrola o tecido asociativo na nosa vila.
A relación de beneficiarios é a seguinte: Asociación cultural Charamela -4000€-, Museo Terra de Melide -8000€-, Escudería Melide Motorsport -4000€-, Asociación de Hostalería Melide Móvese -4000€-, Coral Polifónica de Melide -4000€-, Herba Grileira – 4000€-, Asociación Cultural Catasol -1000€-, Fútbol Club Cire de Melide -20.000€-, Alecrín asociación de mulleres rurais da comarca de Melide -4000€-, Clube Melide Fútbol Sala -2000€-, Asociación de Empresarios Terra de Melide -4000€-, Asociación Deportiva Cerne -4000€-, Cáritas -6000€-.