- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A Concellaría de Promoción Económica elabora un plan de formación para o sector do comercio e da hostalaría
03/10/2020. As actuacións van encamiñadas á formación dos distintos colectivos.
Melide, 3 de outubro de 2020. Ante as consecuencias que provoca a pandemia da COVID-19 no sector do comercio de proximidade, a Concellería de Promoción Económica presentou con anterioridade, entre outras actividades, unha campaña de promoción e lanzamento dunha nova imaxe corporativa para a promoción do comercio e da hostalaría local.
As seguintes actuacións van encamiñadas á formación, mediante a organización dos seguintes cursos:
- Escaparatismo, tendencias, deseño e montaxe. O curso terá unha duración de 20 horas e o número máximo de alumnos por grupo será de 10 persoas.
- Iniciación na xestión das redes sociais do teu negocio. O curso terá unha duración de 20 horas, cun máximo de 10 alumnos.
As persoas que estean interesados/as en participar teñen que realizar preinscripción para saber o número de persoas interesadas para completar os grupos.
Unha vez rematado este proceso anunciarase as datas e lugar de realización.
Para preinscribirse será necesario enviar un correo electrónico o enderezo promocioneconomica@concellodemelide.gal entre os días 5 e 9 de outubro.