Novas

Máis novas

O Concello de Melide aproba adherirse ao Programa PEL-REACTIVA para apoiar os autónomos e microempresas

22/09/2020. As axudas irán destinadas a paliar as dificultades económicas que sofren as persoas autónomas e microempresas do noso Concello.

MELIDE 22 de setembro de 2020.-  O Concello de Melide aprobou na Xunta de Goberno Local celebrada na mañá de hoxe adherirse ao programa PEL-REACTIVA da Deputación de A Coruña para impulsar a actividade dos autónomos e microempresas.

A finalidade destas axudas, destinadas a municipios de menos de 50.000 habitantes, e contribuir a paliar as dificultades económicas que están a sofrir as microempresas e persoas autónomas por mor da crise sanitaria que estamos a atravesar.

A achega total destinada as persoas autónomas e microempresas do noso concello ascende a 219.609,37€ dos cales o Concello de Melide aporta 43.921,87€, o 20% do total. 

O Concello de Melide anunciará nas vindeiras semanas os prazos para que as persoas autónomas e microempresas do Concello poidan solicitar beneficiarse destas contías.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp