Novas

Máis novas

Melide impulsará o comercio local coa campaña “Coñece ao teu comerciante”

21/09/2020. A campaña foi presentada na mañá de hoxe por parte do alcalde de Melide, José Manuel Pérez e do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas que estiveron acompañados de representantes de perruquerías locais

MELIDE 21  de setembro de 2020.- O Concello de Melide vén de presentar na mañá de hoxe a campaña “Coñece ao teu comerciante” que pretende promover o consumo local nos comercios de proximidade na vila e promocionar a economía local a través do comercio dando visibilidade ás persoas comerciantes, rexedoras dos establecementos. A esta iniciativa tamén se engade a necesidade de poñer en valor ao comercio local como unha opción laboral real de presente e futuro.

Así o explicaron, na rolda de prensa de presentación da campaña que tivo lugar na praza do Convento de Melide, o alcalde da vila José Manuel Pérez e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas, quenes estiveron acompañados de varios responsables de perruquerías da vila, que será o primeiro sector protagonista desta campaña.

“A idea inicial é que todos os comercios da nosa vila estén representados nesta campaña, decidimos comezar polas perruquerías porque é un sector que non soe terse en conta cando se realizan campañas de dinamización do comercio local”, explica Xosé Igrexas, concelleiro de Promoción Económica do Concello de Melide.

COÑECE AO TEU COMERCIANTE

Cada comercio, neste momento as perruquerías por ser o primeiro sector en participar na campaña, conta cun cartel onde veñen recollidos todos os detalles e información do establecemento. Estes carteis colócanse en establecementos diferentes para que sexan os propios comercios os que den visibilidade a outros negocios da vila.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp