Novas

Máis novas

Máis de 3.500 persoas visitaron a Oficina de Turismo de Melide no mes de outubro

03/11/2017. O Concello de Melide conta con tres técnicas de Turismo que atenden aos peregrinos que visitantes que queren coñecer mellor a nosa vila e a nosa Comarca

MELIDE 3 de novembro de 2017.- As técnicas de Turismo do Concello de Melide veñen de facer balance dos datos que deixa o mes de outubro en canto a visitas se refire.  As cifras son as seguintes: máis de 3.500 persoas foron as que se achegaron á oficina de Turismo, situada na parroquia de Furelos, ao longo do pasado mes. Raquel Sexto, unha das técnicas de turismo da localidade explica que “tivemos unha media de 116 persoas diarias”.

A maioría das persoas que visitaron Melide no pasado mes foron maioritariamente extranxeiros, “un 68% sumando europeos e visitantes do resto do mundo, fronte a un pequeno descenso dos achegados nacionais cun 32%”.

VISITANTES MAIORITARIOS DE FÓRA DE ESPAÑA

No pasado mes de outubro ata a oficina de Turismo do Concello de Melide achegáronse persoas de todas as nacionalidades. No balance que se fixo público, apunta a que 1.115 persoas eran españolas, 991 achegábanse dende países de Europa e 1.397 persoas de países do resto do mundo. Neste último apartado, dende a oficina de Turismo, fan especial fincapé en que “foron canadenses e persoas chegadas dende Corea do Sur”.

 

 

 

 

 

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp