- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello abona as facturas aos seus provedores nunha media de día e medio
10/09/2020. O Concello de Melide fai público o dato de intervención do seu pago a provedores unha vez aprobada a factura no segundo trimestre do ano que é de 1,65 días. As entidades públicas están obrigadas a comunicar este dato á administración estatal
MELIDE 10 de setembro de 2020.- O Concello de Melide abona as facturas as seus provedores nunha media de 1,65 días, dende a aprobación correspondente da factura, segundo o dato feito público polo servizo de intervención o pasado 28 de xullo, referíndose ao segundo trimestre do ano, que vai dende abril a xuño.
Esta cifra extráese do último informe trimestral elaborado polo servizo municipal encargado das contas, que cada tres meses está obrigado a informar á administración estatal da situación da facenda local.
O concelleiro de facenda do Concello de Melide, Xosé Igrexas explica que “con estes datos cúmprese co obxectivo primeiro de ter ao día o pago aos provedores e segundo, ser áxiles nos pago dos mesmos, co obxectivo de ter una administración máis áxil no eido económico” e engadiu que “os datos deste segundo trimestre son os mellores rexistrados na nosa administración local dende hai anos polo que agardamos seguir traballando nesta liña nos vindeiros meses”.