- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide aproba renovar a axuda de 300 euros por fillo ou filla
07/09/2020. O Concello de Melide renovou a axuda de 300 euros por fillo ou filla, unha medida que se vén levando a cabo nos últimos anos e que goza de boa aceptación por parte das familias da vila
MELIDE 7 de setembro de 2020.- A Xunta de Goberno Local do Concello de Melide aprobou renovar a axuda de 300 euros para beneficiar as familias que tiveran fillos ou fillas ou adoptasen nos últimos meses. Trátase dunha medida que se pon en marcha por cuarto ano consecutivo e que pretende servir de axuda para os veciños e veciñas que deciden ampliar a súa familiar e afincarse en Melide.
Tal e como apunta a concelleira de Política Social, Carmen Liñeira, "esta liña pretende ser unha medida máis para afincar poboación ademáis dunha axuda de 300 euros por cada neno/a melidense que cumpra todos os requisitos da orde de regulamento que está publicada na páxina web do Concello de Melide".
REQUISITOS PARA OBTER A AXUDA
A partida presupostaria para facer fronte a esta liña de axudas será de 15.000 euros terá capacidade para xestionar todos os expedientes ata que se esgote o orzamento ao efecto. Será Servizos Sociais xunto cos propios interesados os encargados de xestionar esta axuda que terá que cumprir estrictamente co regulamentado: os nados e nadas deberán ser empadroados en Melide xunto cun dos seus proxenitores que a súa vez deben estar empadroados na vila cunha anterioridade mínima de 6 meses. As familias beneficiarias serán as que teñan un fillo ou filla ou adopten no período comprendido entre o 1 de novembro de 2019 e o 31 de outubro de 2020.
Ao recibir á axuda, o particular estará obrigado a permanecer empadroado xunto co menor nun período de 4 anos. Con esta medida de impulso á natalidade, Melide achega o seu grao de área para loitar contra o reto demográfico da Comunidade Autonóma Galega.