Novas

Máis novas

A Escola Infantil de Melide adáptase ao protocolo anti Covid no comezo do curso

04/09/2020. Pese aos momentos de incertidume nos que nos atopamos, a Escola Infantil comezará o vindeiro luns o curso con todas as prazas cubertas, un total de 43, que xunto cos profesionais adaptarán o seu día a día ao protocolo anti-covid19

MELIDE 4 de setembro de 2020.- A Escola Infantil de Melide abriu hoxe as súas portas para recibir ás familias dos nenos e nenas matriculados durante este curso 2020/2021 nesta instalación.

Así, as profesionais que alí traballan xunto coa concelleira de Política Social, Igualdade e Saúde do Concello de Melide, Carmen Liñeira, recibiron aos pais e as nais nunha xuntanza que tivo lugar no patio exterior esta mesma mañá para darlles a coñecer o protocolo que ambas partes terán que cumprir durante este curso marcado pola pandemia sanitaria.

Entre as medidas que se tomarán na Escola Infantil o vindeiro curso está o compromiso por parte das familias de controlar a temperatura dos máis cativos e cativas e nunca achegalos ás aulas con máis de 37.5º, o alumnado terá que deixar o calzado antes de entrar no edificio e ter un específico para estar no interior ou …

MELLORAS NA ESCOLA INFANTIL

Dende o Concello de Melide realizáronse melloras na Escola Infantil Municipal, labores de mantemento para garantizar unha volta á rutina dos máis cativos e cativas nas mellores condicións. Así, repintouse o interior, adecentouse o xardín e executáronse cambios para garantir o cumprimento do protocolo anti-covid; fixéronse uns vestiarios para as profesionais que alí traballan e instaláronse taquillas para que os nenos e nenas teñan onde gardar as súas pertenzas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp