Novas

Máis novas

O Concello de Melide aproba inicialmente ordenanzas fundamentais para o tecido social e para a conservación das vías públicas

26/08/2020. O Pleno celebrado na tarde de onte na casa consistorial acordou a aprobación inicial de tres ordenanzas fundamentais para o tecido social e para a conservación das vías e camiños públicos. Votos a favor do equipo de goberno e abstención do PP

MELIDE 26 de agosto de 2020.- O Pleno do Concello de Melide celebrado na tarde de onte na casa do Concello acordou a aprobación inicial de tres ordenanzas fundamentais para o tecido social e para a conservación das vías e camiños públicos.

A ordenanza para a protección e conservación de camiños e vías públicas en relación coas operación de saca de madeira foi aprobada cos votos a favor do equipo de goberno e coa abstención do Partido Popular. Coa aprobación desta ordenanza o Concello de Melide pretende evitar os numerosos desperfectos que se están a causar en vías e camiños públicos tras realizar actividades de corta e saca de madeira.

Por outra banda, a aprobación do regulamento para a concesión do servizo de xantar na casa e da ordenanza reguladora das axudas de emerxencia social, aprobadas ambas por unanimidade de todos os grupos políticos con representación, supoñen segundo indica a Concelleira de Política Social Carmen Liñeira “un avance significativo na mellora do benestar e da calidade das persoas maiores dependentes do noso Concello así como establecen un regulamento que permite dar seguridade e obxectividade tanto os técnicos municipais como os beneficiarios das propias axudas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp