- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O gromo de Covid-19 do Concello de Melide permanece estable con 17 positivos
20/08/2020. O Servicio Galego de Saúde informa de que o brote mantense estable con 17 casos positivos. Onte foron 478 mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos con médico de familia asignado na vila os que se fixeron as probas
O Sergas vén de comunicar que o gromo de Melide mantense estable con 17 positivos.
Onte acudiron ao screening realizado 478 mozos e mozas entre 18 e 30 anos con médico de familia asignado no Centro de Saúde de Melide.
Informan dende o propio Sergas de que aínda non rematou a análise de todas as mostras pero entre as analizadas ata o de agora non hai positivos.
Na tarde de hoxe están citados máis de 200 moz@s para continuar co estudo masivo.
Aqueles mozos e mozas entre 18 e 30 anos con médico asignado no Centro de Saúde de Melide e que non teñan recibido cita do Sergas poderán achegarse ao centro de saúde entra as 16:00 e as 20:00h portando a tarxeta sanitaria e o DNI e se lles realizará a toma de mostras.