- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Un taller sobre información de prestacións e recursos sociais informa aos usuarios de Bule con Alcer en Melide
02/11/2017. Trátase dunha iniciativa que se desenvolve en Melide ao longo de todo o ano e contra con tres grupos de persoas con enfermidade crónicas
MELIDE 2 de novembro de 2017.- Os usuarios do programa Bule con Alcer de Melide participaron nun taller onde a traballadora social de Alcer se achegou ata a vila para dar a coñecer as diferentes prestacións e recursos sociais dos que as persoas con enfermedades crónicas poden beneficiarse. Neste actividade ofreceuselle aos asistentes información sobre diferentes axudas que poden solicitar a nivel municipal, autonómico e nacional nestes momentos.
Este taller enmárcase dentro das actividades que o programa Bule con Alcer achega aos seus usuarios ao longo do ano. Hai uns días, Melide acolleu unha charla sobre nutrición e será neste mes de novembro cando as persoas que se benefician do programa poidan acudir a un taller onde se lles mostrarán diferentes produtos de apoio para mellorar a calidade de vida das persoas con diferentes doenzas crónicas.
A actividade de Bule con Alcer, aínda que comezou no mes de xaneiro e rematará en decembro é a que máis éxito ten de todas as que se organizan dende o departamento de Igualdade e Benestar do Concello de Melide. Na actualidade participan nela preto de cen veciños e veciñas.