Novas

Máis novas

Melide celebrou o II Mercamelide no Camiño con actividades para todas as idades

10/08/2020. Unha edición máis, a feira de oportunidades do cerne de Galicia celebrouse no cantón de San Roque. En pleno centro da vila, veciños e visitantes achegáronse para gozar de descontos e promocións dos stocks da tempada de primavera-verán

MELIDE 10 de agosto de 2020.- Melide celebrou a edición número dous do Mercamelide no Camiño que tivo lugar, como acontecía o verán pasado, no cantón de San Roque da vila. Trátase da feira de stocks que se vén celebrando dende hai moitos anos no pazo de congresos, pero dende o ano pasado e só na súa edición de verán mudou a súa ubicación para celebrarse en pleno casco urbano.

Este ano, debido á crise do Covid-19, tan só participaron 15 stands con estritas medidas de seguridade, para evitar a expansión do virus. Durante a pasada fin de semana, venres, sábado e domingo o cantón de San Roque converteuse nun outlet ao aire libre onde os comerciantes de Melide tiveron a oportunidade de desfacerse dos seus stocks de verán para dar comezo xa a tempada de outono/inverno.

Ao longo da fin de semana, ademais da feira do Mercamelide, os visitantes e veciños e veciñas puideron gozar dunha programación paralela coa actuación do grupo de música tradicional O Bringuelo de Arzúa na tarde do venres, zancudos e cabezudos durante a xornada do sábado e a música de Carapaus na mañá de onte. Ao mesmo tempo, a programación pararela á feira de stocks melidense tamén se uníu as actividades do verán cultural, como foron o cinema na noite do venres coa proxección ao aire libre do filme Erosky Paraíso ou o concerto de música o sábado pola noite de Davide&Fransy&Cibrán.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp