- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O II Mercamelide no Camiño celebrarase os días 7, 8 e 9 de agosto
23/07/2020. A feira de oportunidades do comercio melidense, o Mercamelide, chegará este verán a vila os días 7, 8 e 9 de agosto e celebrarase no cantón de San Roque como o ano pasado, cumprindo coas medidas de seguridade que dictan as autoridades sanitarias
MELIDE 23 de xullo de 2020.- Melide acollerá a súa tradicional feira de stocks de verán baixo o nome II Mercamelide no Camiño, que terá lugar no cantón de San Roque como o ano anterior debido a boa acollida tanto por parte do comercio melidense como pola afluenza de participantes.
O II Mercamelide no Camiño terá lugar os días 7, 8 e 9 de agosto. O venres en horario de tarde, o sábado con horario de mañá e tarde e o domingo pola mañá para facilitar as compras a veciños e visitantes.
A feira de stocks está organizada polo Concello de Melide e conta coa colaboración da Asociación de Empresarios da Terra de Melide CCA-ASETEM. Xosé Igrexas, concelleiro de Promoción Económica explica que “o cambio de localización do Mercamelide o pasado ano incrementou os participantes en comparanza á mesma feira organizada no pazo de Congresos e Exposicións anos anteriores no verán. A ubicación inaugurada no 2019 pretende dinamizar o noso comercio local, dárlle pulo e incentivar un dos factores máis importantes da nosa vila como é o comercio de proximidade”.
ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR
O Concello de Melide ten o prazo aberto para poder participar no II Mercamelide no Camiño a todos os comercios da vila que queiran unirse a esta iniciativa. Así, poderán facelo chamando ou enviando un whatssap ao 698 132 324. Haberá unha limitación de 19 postos para garantir que se cumpren as medidas de separación entre stands dictadas polo protocolo de seguridade existente para evitar a expansión do Covid-19.