- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide non celebrará os eventos deportivos do verán por mor do coronavirus
22/07/2020. O campionato de fútbol sala ou o día da bicicleta, ao igual que sucedeu cos 21 do Camiño non se celebrarán este ano por mor do coronavirus. Dende a Concellería de Deportes agradecen a disposición e o compromiso dos clubes durante esta situación
MELIDE 22 de xullo de 2020.- Melide non terá eventos deportivos durante o vindeiro mes de agosto. A decisión, dialogada entre as diferentes asociacións, clubes e a Concellería de Deportes, chega despois de ver a situación actual da pandemia do coronavirus onde aínda é necesario evitar as aglomeracións e o contacto físico.
Seguindo a mesma liña que se emprendeu a comezos do mes de marzo cando a Concellería de Deportes decidiu suspender a actividade das escolas deportivas na que participaban máis de medio milleiro de persoas, o Concello de Melide considera que os eventos que se viñan celebrando na nosa vila con numerosa participación poderían supoñer un risco para a saúde.
Así pois, o campionato de fútbol sala de agosto que se celebraba durante todo o mes no polideportivo municipal organizado polo Clube Cire de Melide e que este ano chegaría a súa edición corenta tal e como xa anunciou esta mañá nas redes sociais do club, quedará aprazado ata o vindeiro ano. Tampouco se celebrará o día da bicicleta, iniciativa do Clube Ciclista melidense, que con data de 15 de agosto era un dos eventos deportivos familiares máis multitudinarios da vila.
“Agradecemos a todas as asociacións e colectivos deportivos de Melide a súa responsabilidade e implicación coa actividade física e coa saúde dos veciños e veciñas, máis este ano non será posible debido á situación que estamos a vivir celebrar estes eventos. Parécenos que é a mellor decisión e tan só será unha paréntese, xa que deporte e benestar volverán a estar collidos da man no próximo ano 2021. Dende o goberno local continuaremos colaborando para que os eventos deportivos que xa gozaban de éxito en edicións anteriores no 2021 conten con máis apoio e participación”, conclúe Jose A. Prado, concelleiro de Deportes do Concello de Melide.