Novas

Máis novas

Melide realizará melloras da rúa Camiño Real por valor de 366.562 euros

21/07/2020. A Deputación da Coruña, a través do Plan Único destina a Melide un total de 366.562 euros para a reurbanización da rúa Camiño Real. Contribuirán a humanizar a zona, que forma parte do viario tradicional de Melide e do Camiño Francés

MELIDE 21 de xullo de 2020.- O Concello de Melide investirá 366.562€ procedentes do Plan Único da Deputación da Coruña na reurbanización da rúa Camiño Real.

Os traballos ademais da mellora estética do entorno, contribuirán a unha mellora da seguridade e da accesibilidade, cunha mellor ordenación do tráfico rodado e peonil.

O executivo local ten como prioridade axilizar a tramitación na realización de obra pública, coa finalidade de solucionar problemas de ordenación e de dinamizar a nosa vila.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp