- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide abre as piscinas de Furelos con medidas “anti-Covid”
02/07/2020. A área recreativa e as piscinas do río Furelos abrirán as súas portas o vindeiro sábado 4 de xullo cun protocolo “anti-covid” garantizando a seguridade de veciños e veciñas e ao mesmo tempo ofrecéndolles a posibilidade de gozar das instalacións
MELIDE 2 de xullo de 2020.- No día de hoxe alcalde de Melide, José Manuel Pérez e o primeiro tenente de Alcalde, José A.Prado, visitaron a área recreativa do río Furelos, para comprobar as labores de posta a punto xa que o Concello de Melide abrirá o sábado 4 de xullo a zona de céspede e as piscinas municipais descubertas. Farao con medidas “anti-Covid” pero que ao mesmo tempo, permitan gozar á veciñanza e visitantes destas instalacións emprazadas en plena natureza.
Os criterios aplicados para o uso das piscinas descubertas serán máis restrictivos cos marcados nas normas autonómicas. Así fixarase un aforo máximo entorno ao 50% da capacidade pese a que os Decretos permiten que os vasos de auga se ocupen ata o 75%. O Concello tomou a decisión de que o aforo fose inferior para evitar as aglomeracións. Por outra banda, se fose necesario tamén se establecerá un tempo máximo de uso das piscinas e non se poderá utilizar a zona de solárium para tomar o sol.
Ao mesmo tempo, recordan dende o propio Concello que tamén estará prohibido realizar barbarcoas na área recreativa debido á prohibición do goberno autonómico de facer lumes debido ao incremento do risco de incendios durante a tempada estival.
A Policía Local e persoal do Concello de Melide vixiarán que se cumpren das normas de seguridade cada día para poder gozar de maneira segura das instalacións.
O Concello de Melide recordará as medidas de seguridade que terán que cumprir os usuarios e usuarias da área recreativa do río Furelos mediante cartelería que informará das diferentes recomendacións. Dende o Concello de Melide fan especial finacapé na necesidade de cumprir coas normas establecidas polo ben común. O ente local poderá pechar a instalación se a evolución do Covid non é favorable nas vindeiras semanas ou se o comportamiento xeral non é o axeitado as normas.
O Concello de Melide insta á responsabilidade individual das persoas a que se realice un bo uso desta área recentemente adecentada para a época estival. Na actualidade a zona conta cun mellor coidado do céspede, con arraxo de mobiliario que estaba deteriorado, nova iluminación ou nova marcaxe nos aparcadoiros.
O alcalde de Melide, José Manuel Pérez apunta a que “a área recreativa é un entorno ideal para gozar duns días en familia e con amigos en plena natureza”. Pola súa banda, Jose A. Prado, primeiro tenente alcalde e responsable de área, indicaba que “confiamos en que as actuacións melloren o entorno e lamentamos que a calidade das augas do río siga sendo insuficiente o que impide desfruta ao 100% da zona, mentres esperamos polo proxecto de Augas de Galicia para intervir, estamos deseñado un plan de actuación que sume ás propostas do organismo autonómico medidas municipais que dean un resultado positivo”.