- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello recorda á veciñanza a obrigatoriedade de manter limpas as fincas
01/07/2020. O Concello de Melide recorda a través dun bando e tamén nas súas redes sociais a obrigatoriedade que teñen os veciños e veciñas da vila de manter as súas fincas e terreos limpos de maleza. O prazo remata o próximo 16 de xullo
MELIDE 1 de xullo de 2020.- O Concello de Melide vén de publicar un bando no que se insta á veciñanza a manter limpas as súas fincas de maleza de cara a época estival.
Na información que ofrece a institución local explícase que os propietarios de terreos e parcelas teñen a obriga de manteñlos en condicións de seguranza, salubridade e ornato público, así como de realizar os traballos e obras precisas para conservalos en boas condicións.
As sancións por incumprimento van dende as leves cunha cantidade de 100 a 1000 euros, as graves de 1001 euros a 100.000 euros e as infraccións moi graves de 100.001 euros a un millón de euros.
O prazo para poder realizar estes traballos de adecentamento de solares mantense ata o 16 de xullo, momento no cal, de non estar realizados estes traballos comezarán a aplicarse as sancións económicas.