- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Unha nova imaxe de marca potenciará os sectores produtivos de Melide
26/06/2020. O Concello de Melide vén de presentar unha nova imaxe de marca baixo a cal se desenrolarán varias campañas destinadas a potenciar os sectores produtivos da nosa vila melidense despois da crise do Covid-19
Melide 26 de xuño de 2020. – O Concello de Melide a través da Concellaría de Promoción Económica presentou na mañá de hoxe unha nova imaxe de marca baixo a cal se pretende potenciar a actividade dos sectores produtivos da nosavila.
Tal e como indica Xosé Igrexas, concelleiro de Promoción Económica “baixo o eslogan “Merca en Melide, Cerne de Galicia”, levaranse a cabo durante os vindeiros meses campañas de promoción, abarcando ao comercio, hostalería, ou calquera outro establecemento que presente actividade na noso Concello”.
A nova imaxe de marca é unas das iniciativas encamiñadas a apoiar o sector produtivo local, para intentar paliar as consecuencias da crise económica derivada da Covid-19. Así, o Concello amosa un comercio seguro fronte a Covid-19, de proximidade e de confianza, onde a mellor opción é investir na propia vila para crear emprego e xerar futuro.
O logo co eslogan “Merca en Melide, Cerne de Galicia”, realizado en varias cores vistosas que simbolizan no só o cruce de Camiños de Santiago senón tamén o de estradas que fan que Melide sexa o corazón de Galicia.