- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide suxeita ao chan colectores do lixo situados en diferentes rúas da vila
31/10/2017. Son un total de 30 novos colectores que se suxeitan ao chan nas principais vías de entrada á vila e tamén en rúas céntricas da vila
MELIDE 31 de outubro de 2017.- O Concello de Melide vén de instalar un total de 30 novos colectores do lixo que están suxeitos ao chan para evitar que se despracen, prodeceuse así a súa ancoraxe na superficie da estrada mediante barras.
Os novos contedores suxeitos ao chan están instalados en diferentes zonas do pobo, na ronda de Pontevedra, na Avenida da Habana, na Rambla de San Pablo, en Priorada e na rúa América ou Rosalía de Castro entre outras. Desta maneira, estas novas ubicacións, únense ás rúas e avenidas de Melide que xa contan con este sistema. Dende a o Concello de Melide o que se pretende é “facilitar a recollida de residuos orgánicos e inorgánicos á veciñanza”.
Tal e como explican dende o ente local, con esta acción “evítanse situacións de risco para os conductores ao ser desprazados os contedores á estrada por vento ou fortes choivas, principalmente cando están baleiros, e agora que imos de cara aos meses de inverno”.
O Concello de Melide continuará cos traballos para suxeitar os contedores ao chan doutras zonas da vila que aínda carecen deste sistema, co obxetivo de conseguir que todos os colectores do lixo na vila estean suxeitados ao chan nun futuro.