- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Pleno aproba obras para incrementar a seguridade viaria por valor de máis de 250.436 euros
25/06/2020. O Concello de Melide vén de aprobar por unanimidade na sesión plenaria celebrada na mañá de hoxe obras por un importe de 250.436 euros, destinados a mellora de viarios rurais e urbanos, co obxectivo de incrementar a seguridade da veciñanza e dos condutores
MELIDE 25 de xuño de 2020.-O Pleno do Concello de Melide celebrado na mañá de hoxe no edificio Sociocultural Mingos de Pita, aprobou por unanimidade dos tres partidos políticos con representación navila o acordo do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS+2020.
Serán un total de 14 actuaciónsnas que tanto o rural como a zona urbana serán obxeto de melloras tanto na pavimentación como na limpeza de pistas e viarios que incrementarán a seguridade tanto de veciños e veciñas como de condutores.
Entre as accións que se van levar a cabo atópase a limpeza de cunetas, a regularización e pavimentación mediante aglomerado asfáltico ou o reforzo da sinalización viaria nos lugares de Baltar, Grobas, Alvite, San Cosme, San Cibrao, Zaramilou Maceda o una rúa Furelos, xa en pleno casco urbano.
OUTRAS ACTUACIÓNS APROBADAS NO PLENO
A maiores das actuacións de adecentamento de pistas tamén se aprobou a reparación do colector de pluviais e a súa conexión coa rede de saneamento municipal coa renovación do pavimento da beirarrúana Ronda de Pontevedra e no CEIP Nº2 de Melide situado na Martagona. A estes traballos súmase a realización de dous pasos elevados nas proximidades do CEIP nº1 que reforzarán a seguridade dos cativos e das súas familias durante a tempada escolar.