Novas

Máis novas

Melide recupera o mercado dominical de téxtil, calzado e ferretería

18/06/2020. O Concello de Melide vén de dar luz verde ao mercado dominical dos postos de téxtil, calzado e ferretería que quedara suspendido despois da declaración do estado de alarma no mes de marzo. A principal novidade é o seu cambio de ubicación

MELIDE 18 de xuño 2020.- Melide recuperará este próximo domingo o seu mercado dominical de téxtil, calzado e ferretería que quedara suspendido no tempo debido á declaración do estado de alarma o pasado 14 de marzo.

Aínda que o mercado agroalimentario xa se reactivou hai un mes, os postos adicados a produtos non alimentarios aínda estaban pendentes da evolución dos datos da pandemia para poder voltar ás rúas de Melide. Xa hai data no calendario para elo, que será o vindeiro domingo 21 de xuño.

A principal novidade deste mercado dominicial será o seu cambio de ubicación, xa que agora os postos da coñecida feira melidense instalaranse na rúa Galicia e na praza das Universidades co obxetivo principal de garantir as distancias sociais que se manteñen na nova normalidade e cumprir así coas medidas de seguridade dictadas polos responsables sanitarios.

A instalación dos postos será progresiva, ata alcanzar o total dos que se poñían normalmente.

Nesta zona estableceranse corredores de entrada e de saída para evitar que se produzan aglomeracións. Tanto os titulares dos postos de venda como os veciños e veciñas que visiten o mercado terán que dispoñer de máscaras e a zona contará con carteis informativos para resolver as dúbidas que poidan xurdir daqueles visitantes aos postos.

Pola súa banda, o mercado de produtos agroalimentarios dos domingos en Melide continuará situado na praza das Coles e rúa Alhóndiga como ven sendo habitual, onde tamén é necesario cumprir con todas as medidas de seguridade e distanciamento social dictadas despois da fase 3 do Covid-19.

A Policía Local encargarase de vixiar se secumpren coas medidas de distanciamento social para velar pola seguridade tanto dos vendedores coma da veciñanza.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp