Novas

Máis novas

Os campamentos de verán de Melide facilitarán a conciliación laboral e familiar

16/06/2020. O Concello de Melide poñerá en marcha os campamentos de verán dende próximo 6 de xullo e ata o 14 de agosto. A actividade contará con protocolos Covid-19 con grupos reducidos e priorizando sempre as actividades ao aire libre

MELIDE 16 de xuño 2020.- Coa chegada do verán, o Concello de Melide pon en marcha un ano máis os campamentos de verán, dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.

A data de comezo dos campamentos de verán na vila será o 6 de xullo e terán lugar ata o 14 de agosto, ámbolos dous días incluídos cun horario de 8.45h a 14.15h e cun total de prazas limitadas de 75. A admisión realizarase por orde de inscrición con preferencia para os nenos e nenas empradroados no Concello e ambos proxenitores traballadores.

O prazo de inscrición será dende este xoves 18 ata o 30 de xuño e a entrega de documentación ten que facerse dende a sede electrónica do Concello de Melide ou nas propias instalacións locais sempre baixo cita previa.

Tal e como apuntan no Concello de Melide, no momento da inscrición as familias poderán seleccionar as semanas nas que o neno ou nena vai participar nos campamentos e non caso de querer darse de baixa nalgunha das semanas inscritas, o pai ou nai terá que solicitar a modificación dos datos antes do mércores previo á semana en cuestión. Os prezos para as quendas semanais de 4 días será de 12,40 euros e para as quendas de 5 días será de 15,50 euros, habendo descontos para familias numerosas.

PROTOCOLO COVID-19

Dende o Concello de Melide poñerase en marcha un protocolo Covid-19 para que os campamentos de verán se leven a cabo baixo as medidas de seguridade establecidas na nova normalidad.  Así, os rapaces e rapazas que participen farano en grupos reducidos con traballo independente coa totalidade de grupos e en espazos diferentes. Tamén se priorizarán as actividades ao aire libre e as entradas e saídas ao campamento faranse de maneira escalonada para evitar aglomeracións.

Ao mesmo tempo, cada día e a cada participantes, faráselles un seguimento sanitario diario así como tamén se realizará unha desinfección frecuente tanto de materiais como de instalacións utilizadas.

Entre outras medidas adoptadas neste protocolo está o uso de máscaras en aqueles nenos e nenas que superen os 6 anos de idade e que non poidan manter a distancia de seguridade interpersoal de polo menos dous metros.

VERÁN CULTURAL 2020

Dende a Concellería de Cultura preparan xa unha ampla programación que darán a coñecer nos vindeiros días para o Verán Cultural 2020. Unha proposta con actividades familiares, para adultos e cativos e cativas que encherá de ocio as tardes e noites de verán en Melide, sempre baixo os protocolos de seguridade adoptadas nesta etapa de nova normalidade.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp