Novas

Máis novas

O Concello de Melide implanta o aparcadoiro en espiga na praza das Universidades

27/05/2020. A praza das Universidades situada a carón parque Rosalía de Castro estrea novo aparcadoiro. Unha nova sinaléctica que incrementa a seguridade dos vehículos estacionados á hora de incorporarse á circulación así como de viandantes e ciclistas

MELIDE 27 de maio de 2020.- O Concello de Melide vén de implantar o aparcadoiro en espiga na praza das Universidades a carón do parque Rosalía de Castro co obxetivo de favorecer a seguridade e aproveitar o espazo.

Tal e como apuntan fontes municipais, este aparcadoiro en espiga vai permitir a manobra de saída do vehículo de maneira sinxela e segura ao mellorar a visibilidade do frontal, tanto do resto de vehículos como das bicicletas que circulen pola estrada. Tamén este tipo de aparcamento facilita o acceso aos maleteiros do coche, ao poder cargar e descargar dende a beirarrúa.

Trátase da forma máis segura de aparcadoiro xa que permite eliminar ángulos mortos de visibilidade.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp