Novas

Máis novas

Os rexistros municipais do Concello abren as súas portas con cita previa

26/05/2020. Mañá as portas da casa do concello abriranse para realizar trámites urxentes. Farano con estrictas medidas de seguridade tanto para a veciñanza como para traballores. Será necesario solicitar cita previa con 24 horas de antelación

MELIDE 26 de maio de 2020.- Dende mañá mércores, 27 de maio o Concello de Melide reabre os rexistros municipais para temas urxentes.

Para acudir é imprescindible solicitar cita previa con 24 horas de antelación a través dalgunha das seguintes canles:

No teléfono 981 50 50 03, no correo electrónico: citaprevia@concellodemelide.gal o una seguinte ligazón: https://sede.concellodemelide.gal/opencms/es/cita/index.html.

O horario de atención será de 09:00 a 14:00h.

Para acceder ás instalacións, os usuarios e usuarias deberán desinfectarse as mans previamente utilizando os dispensadores situados á entrada das instalacións. Así mesmo, tanto os veciños e veciñas como o persoal traballador portarán máscaras co fin de reducir ao máximo os riscos de contaxio por COVID-19.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp