Novas

Máis novas

O Concello de Melide presenta o libro “Nomes galegos para crianzas”

18/05/2020. O Concello, a través da súa Concellería de Normalización Lingüística presentou esta mañá de xeito on line e para os seus seguidores das redes sociais o libro “Nomes galego para crianzas” escrito por Joaquim Vázquez técnico desta área

MELIDE 18 de maio de 2020.- Mayka Basalo, a concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Melide, presentou xunto con Joaquim Vázquez, técnico desta área o libro “Nomes galegos para crianzas. Orixe e significado”.

Mayka Basalo explicaba esta mesma mañá no salón de Plenos da casa do concello que se trata dun proxecto en dúas partes, a primeira complétase coa achega de libros ao servizo de matrona do centro de saúde de Melide para entregar a todas as futurais nais e futuros pais. A segunda será preparar unha cestiña no que tamén se incorporará o libro dos nomes para que as familias teñan a opción de elixir un nome en galego para os seus fillos e fillas. Basalo engadía que “estamos ante un traballo antroponímico que sen dúbida vai contribuír a unha maior presenza dos nomes galegos no Concello de Melide e ao mantemento vivo da nosa lingua e cultura”.

A edición deste libro forma parte dunha campaña de normalización lingüística que ten como obxetivo incrementar os nomes en galego na Comarca da Terra de Melide e que pretende diferenzarse dos grandes diccionarios onomásticos galegos xa que recolle nomes que só teñen formas en galego.

A obra de Joaquim Vázquez está feita dende unha óptica comarcal da Terra de Melide onde predominan os nomes rematados en –ao e en –eo, xa que tal e como explica o autor “fonéticamente falando son características da nosa área dialectal”.

A presentación do libro “Nomes galegos para crianzas” forma parte da programación do día das Letras Galegas que o Concello de Melide preparou para este ano. Ao non poder organizarse actos con público debido á crise do Covid-19, realizouse como unha presentación on line a través da páxina de facebook da institución local.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp